Referendo da URSS de 1991

Papeleta do referendo coas respostas a marcar Да (si) e Нет (non)
Tarxeta electoral de invitación ao voto

O domingo 17 de marzo de 1991, celebrouse un referendo sobre o futuro da Unión Soviética coa seguinte pregunta para os votantes:

«Vostede considera necesaria a preservación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas como unha federación renovada de repúblicas soberanas iguais na que serán garantidos plenamente os dereitos e a liberdade dun individuo de calquera nacionalidade?»[1]

O referendo fíxose co obxectivo de aprobar o Novo Tratado da Unión e foi alleo á reforma do sistema económico, cuestión que levase a cabo tras a vitoria de Borís Yeltsin nas eleccións.

En Casaquistán, a redacción do referendo cambiouse ao substituír "estados soberanos iguais" por "repúblicas soberanas iguais".[2] Aínda que o voto foi boicoteado polas autoridades de Armenia, Estonia, Xeorxia (aínda que non na provincia separatista de Abkhazia, onde o resultado foi máis do 98% a favor[3], e en Osetia do Sur [4]), Letonia, Lituania, Moldavia (aínda que non en Transnistria e Gagauzia),[5] a participación era do 80% na URSS.[6] O referendo foi aprobado polo menos polo 70% dos votantes das outras nove repúblicas que participaron. Foi o primeiro e único referendo da historia da Unión Soviética, que foi disolta o 26 de decembro de 1991.

  1. Dieter Nohlen, Florian Grotz, Christof Hartmann (2001). Elections in Asia and the Pacific: Middle East, Central Asia, and South Asia (en inglés). Oxford University Press. p. 492. 
  2. "Answers - The Most Trusted Place for Answering Life's Questions". Answers (en inglés). Consultado o 2022-04-18. 
  3. Toft, Monica Duffy (2005-11-06). The Geography of Ethnic Violence: Identity, Interests, and the Indivisibility of Territory (en inglés). Princeton University Press. ISBN 978-0-691-12383-7. 
  4. ""Shevardnadze: o enfrontamento entre Eltsin e Gorbachov precipitou o colapso da URSS". RIA Novosti. 7 de abril de 2011. Consultado o 23 de febreiro de 2012. "A votación celebrouse só en Osetia do Sur, a rexión autónoma dentro da República Socialista Soviética de Xeorxia, que levaba máis dun ano en guerra pola independencia da mesma".". sp.rian.ru/opinion_analysis; Referencia. 
  5. Troitski, Nikolai (22 de marzo de 2011). "Aniversario de un referendo sin perspectivas". RIA Novosti. Consultado o 23 de febreiro de 2012. Mentres tanto, Moldavia estaba dividida en dous: entre a poboación das autoproclamadas repúblicas de Gagauzia e Transnistria que se pronunciaba a favor da preservación da URSS, mentres que o resto de moldavos boicoteaban o plebiscito. 
  6. Referendum of March 1991 Russian History Encyclopedia en Answers.com (en inglés)

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search